17 diciembre, 2008

Galicia for Export - Entre la Fantasía y la Mentira


A síndrome Galicia para el mundo

O outro día asistín a unha interesante charla organizada pola Confe-deración Intersindical Galega, departamento de Migración ao abeiro das Xornadas de sen-sibilización sobre ou feito migra-torio e o retorno na Coruña coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración. CIG-Migración convidou aos psiquiatras Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo dos hospitais de Ourense e Lugo para que falasen a máis de 60 inmigrantes e emigrantes retornados sobre o seu ensaio Psicopatoloxía do retorno(1). De máis está dicer que o público se sentiu abraiado pola variedade de casos que atenderan os psiquiatras nas súas consultas e a semellanza que moitos deles tiñan coas súas vivencias persoais. Así dende retornados de Europa até de Latinoamérica, pasando por casos gravísimos de intentos de suicidio (con 90 anos) de retornados que pasaran 80 no estranxeiro e voltaran só pola atención médica gratuíta do Sergas.

Hai un par de anos un arquitecto arxentino-galego dixérame que se sentía frustrado despois da súa decisión de emigrar a Galiza. Unha das cousas que me contou, a que máis me impactou, foi que el tiña unha idea de Galiza que se correspondía á que emitía a serie de televisión Galicia para el mundo
é dicer "un lugar no que as vacas pastaban en campos de golf" (sic). A realidade é outra moi distinta, aquí as vacas non pastan en campos de golf e os cans non se atan con chourizos, malia que si é verdade que hai vacas, campos de golf, cans e chourizos.

A visión distorsionada de Galiza que emite Galicia para o mundo foi un ponto reiterado entre os pacientes dos dous psiquiatras nas súas consultas dos hospitais públicos de Ourense e Lugo. Galicia para el mundo móstranos unha Galiza na que sempre é verán. As comidas son sempre abondantes e a "paisanaxe" de vilas e cidades está sempre comendo e de romaxe. Á hora de entrevistar alguén, principalmente políticos locais que prometen traballo a todos os galegos de América ou calquera outro líder destacado, sempre aparece atrás un río, unha fervenza ou algo que subliminalmente dá a entender que esta xente de Galiza vive nun paraíso medieval onde todo é auga doce, comidas copiosas e ben presentadas, campos de golf con vacas e un sistema industrial e fabril desexoso de receber coas portas abertas o necesario rexuvenecemento demográfico chegado das Américas.

A realidade, contábanos o psiquiatra Alexandre García-Caballero é moi distinta, poñendo como exemplo a Ourense. Unha sociedade feudal, de compoñendas e amiguismos (caci-quil), que dista moito da meritocracia, inunda a vida de moitas cidades e vilas galegas. Este choque é o primeiro que deben sufrir os titulados superiores chegados de Arxentina ou Venezuela, aos cales de pouco lles serven os postgraos e carreiras. Talvez deberían ser entrevistados algunha vez en Galicia para el mundo, pero non cun río ou fervenza de fondo, senón con todas aquelas e aqueles que voltaron e traga-on frustracións e soños en technicolor con fermosas presen-tadoras e voces engoladas de textos que adubían paisaxes de fábula; porque non eran necesarios senón prescindíbeis e non formaban parte dese “marabilloso” reparto que semana a semana lembra aos galegos da diáspora que aquí os cans e os chourizos van da man.
Xurxo Martínez Crespo (A Coruña, 9 de decembro de 2008)

(1) Psicopatoloxía do retorno de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo gañou o premio de Investigación Ramón Piñeiro 2006 e está editado pola editorial Galaxia.
http://www.galizacig.com/avantar/opinion/9-12-2008/a-sindrome-galicia-para-el-mundo
Fotos:http://www.galiciaparaelmundo.com/blog
Nota Seleccionada por ExpatPro