Ao longo deste mes de novembro, a Secretaría Xeral da Emigración vai organizar tres actividades formativas sobre as migracións, en Santiago de Compostela, na sede da Escala Galega da Administración Pública. Ditas xornadas e encontros son as seguintes:
Xornada sobre a Lei de Estranxería (16 de novembro)
Encontro galego de profesionais da inmigración. Proxectos, experiencias
e boas prácticas (23 de novembro)
Xornada sobre planificación e xesti6n de proxectos para o colectivo
migrante (30 de novembro)
No marco destas actividades abordaranse aspectos de interese relacionados coa reforma da Lei de Estranxería, experiencias e boas prácticas de integración en diferentes eidos, e a planificación e xestión de proxectos dos concellos e entidades. A inscrición ás xornadas se realizará por medios telemáticos a través da sección "Plan de Formación" do apartado "Inmigración e retorno" da web da secretaria xeral (www.galiciaaberta.com). Na devandita web se irán actualizando os programas provisionais de cada actividade que se achegan.