28 julio, 2008

NOTAS SOBRE EL EXILIO GALLEGO - VENEZUELA.

CATRO VIDAS DO EXILIO GALEGO EN VENEZUELA
Nuevo Libro de Xurxo Martínez Crespo.

Editada pola Asociación Galega de Emigrantes Retornados (AGER) coa subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galiza e coa colaboración da Confederación IntersindicalGalega-CIG e a Fundación FESGA ven de editarse no mes de novembro o libro de Xurxo Martínez Crespo, Catro vidas do Exilio Galego en Venezuela.

O libro narra a biografía do dirixente comunista coruñés Alberto Puente García, do biólogo, cartógrafo e mariño cormés José María Mosqueira Manso, do mozo nado no exilio Alejandro Tejero Cuenca, membro das Fuerzas Armadas de Liberación Nacional dos anos sesenta e torturado, asasinado e desaparecido durante o goberno do socialdemócrata Raúl Leoní, e por último do pintor surrealista vigués Mario Granell. (...)


(...)
Os catro deixarían profunda pegada na vida venezuelana, cada un ao seu xeito. As súas familias ficaron neste país do Caribe receptor e tolerante dos pobres da terra, aqueles pobres cos que Martí a súa sorte quería botar. Puente, Mosqueira e Tejero nunca máis verían Galiza, Granell morreu nela. A historia do exilio galego en Venezuela, opacada polo exilio galego en Arxentina, Uruguai e en certa medida México e Estados Unidos, é unha historia por contar. Chea de nomes valiosos, que hoxe, máis que gañancia para o país de acollida, representan unha perda irreparábel para este país galego que perdeu os seus mellores homes e mulleres polo mundo adiante.

Publicó Cuervo Ingenuo - Para Gradiva.