20 abril, 2010

Historias de la Diáspora Gallega

Organizada pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, o martes 27 de abril ás 20:00 será a presentación na Galería Sargadelos de Lugo do libro Almoina, un exiliado gallego contra la dictadura trujillista do historiador cubano-mexicano Salvador Pérez coa presencia de Xurxo Martínez Crespo, autor da outra biografía de José Almoina na que inclúe a súa muller Pilar Fidalgo.

O libro de Salvador Morales que saiu do prelo en 2009 editado polo Archivo General de la Nación Dominicana ao abeiro dun proxecto de investigación patrocinado pola Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo, Morelia, Michoacán, México.

Esta obra xunto a de Xurxo Martínez Crespo José Almoina, Pilar Fidalgo. Exilio. Dominicana, México, Edicións A Nosa Terra, Vigo 2009, son os dous únicos libros editados sobre a vida do exiliado, asasinado e tristemente esquecedio José Almoina que por unha mala xogada da historia pasou de ser vítima a vítima esquecida pola desaparición de Jesús de Galíndez a mans do ditador dominicano Leonidas Trujillo.

O libro de Salvador Pérez reivindica a figura de Almoina en detrimento da de excesivamente valorada de Galíndez por medio de probas documentais e testemuños historográficos nunca antes estudados.

A figura de Galíndez, sobreexplotada por un Partido Nacionalista Vasco no exilio, e despois no goberno, aparece opacada ante a arriscada aposta de Almoina na súa loita contra a ditadura trujillista, aposta que lle valeu persecución durante anos e a vida a man de sicarios cubanos contratados por Trujillo.

Bo exemplo dese esquecemento da historia do lugués José Almoina e o silenzo por parte do seu partido, PSOE, cando non o reintegrou ao acrón dos outros militantes reintegrados expulsados inxustamente do partido.

A Fedederación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados organizou para o xoves 29 unha aula maxistral do profesor Salvador Pérez na Faculdade de Historia da USC, na aula 9 ás 13:00 sobre a figura de José Martí.