15 octubre, 2008

PORQUE AS PROMESAS NON SE COMEN

MANIFESTACIÓN CAMPAÑA POBREZA CERO
VIGO, 18 DE OUTUBRO, 2008
12:30 Praza Independencia-Praza Constitución

Iste ano, 50 millóns máis de persoas teñen fame.

A Rede Social Galicia Sur, plataforma que aglutina a máis de 15 organización de Vigo e bisbarra que traballan tanto nos Países do Sur como en Galicia pola xustiza social e por conseguir un mundo máis xusto, equitativo e sostible, quere invitarvos a participar na manifestación que realizaremos o sábado 18 de outubro ás 12:30 dende a Praza de Independencia á Praza da Constitución co gallo da celebración do Día Internacional de Erradicación da Pobreza.
Nesta manifestación xuntarémonos organizacións sociais de toda Galicia para elevar a nosa voz sobre os incumprimentos reiterados dos nosos gobernantes no tema da loita contra a POBREZA.
Actividades:
-Pegada de carteis: Luns 13 e xoves 16 de outubro
-Rolda de Prensa: Xoves 16 outubro ás 11
-Mesas Informativas: Venres 17 outubro. Na Praza de Independencia e na Praza da Constitución ás 19 horas
-MANIFESTACIÓN: Sábado 18 de outubro. Saída: Praza de Independencia ás 12:30. Chegada: Praza da Constitución ás 14 horas.

REDE SOCIAL GALICIA SUR
Amarante, Aida, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Coordinadora Galega de Ongd, Dar Máis, Educación Sen Fronteiras, Emaús, Entreculturas, Enxeñeiros Sen Fronteiras, Grupo VIH/SIDA e adiccións “O Imán”- Sereos, Implicad@s no desenvolvemento, Intermón Oxfam, Médicos do Mundo , MunDos Cooperativa de Comercio Xusto, Fundación Secretariado Xitano, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidarios para el desarrollo, Taller de Solidaridad e Verdagaia.
Gradiva